Paula Sande: «A sociedade pode aproveitar moito mellor o talento das persoas maiores»
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) pretende lanzar en 2018, no 40 aniversario da súa fundación, Ategal Senior Lab, un laboratorio para mellorar o envellecemento. Esta entidade naceu en Santiago en 1978 como Aulas da Terceira Idade. En catro décadas conseguiu ter implantación noutras oito cidades e vilas do país e chegar a decenas de miles de persoas coas súas actividades: «o envellecemento da poboación en Galicia, e en Europa en xeral, é un reto, e tamén abre oportunidades para innovar e desenvolver novos servizos e produtos, que axuden a que as persoas de idades máis avanzadas gañen calidade de vida.
JOEL GÓMEZ
SANTIAGO / LA VOZ 14/02/2018